Malo Será Pecha por Vacacións
Coa música de Lamatumbá e con toda a nostalxia do mundo, despedimos a nosa segunda tempada e o curso 07/08. ¿Qué podemos dicir de todo un ano?.
Foi un ano de altas e baixas -sobretodo baixas, comezamos no 2006 sendo 7 e tan só quedamos 4-, altos e baixos, moitas sorpresas, descubrimentos, e podemos dicir que, despois da primeira tempada, foi o noso ano de asentamento nas ondas, superando os problemas de principios de curso coa imposibilidade de compatibilizar traballo e radio -¿Será algún día a radio o noso traballo?-.
Somos conscientes de que non somos profesionais. Saíronnos programas que non serven nin para tomar polo cuíño cuíño -como diría Shin Chan- así como programas de puta nai, pero non nos arrepentimos nin un chisco de ter feito ningún, e tanto os bos coma os malos fixémolos con todas as nosas ganas, que é o único que nos queda ós que carecemos de aptitudes para isto. Non sei se facemos felices a alguén con Malo Será, pero Malo Será fainos felices a nós e fainos felices a idea de pensar que a alguén podemos facerlle feliz, aínda que só sexa de 21 a 22 h. os luns.
E como o prometido é débeda, onte esquecemos adiantarvos algo do que será a próxima tempada, e podemos dicir que tentaremos recuperar antigas seccións da primeira tempada, como “Xente Cuac” -se non vos lembrades, aquela na que chamabamos ás casas mendigando audiencia de mala maneira, temos grato recordo desta sección e algún que outro momento histórico do programa- ou “Eterna duda”, e temos novas preparadas como “Rayar por rayar”, un homenaxe en ton de humor do famosérrimo programa da Cadena Ser “Hablar por Hablar”. En canto a novos colaboradores, estamos facendo unha criba e quen sabe o que pode saír diso. E ata aquí polo ler.
E antes de desexarvos felices vacacións, recordarvos que non vos desenganchedes de todo a esta web, porque iremos subindo “pildoritas” en forma de cuñas aínda sen emitir, tomas falsas desas mesmas cuñas, curiosidades varias, vídeos e a nosa primeira peli “O asasino do pixama de Raias” -tentámolo facer de medo pero saiunos de risa-.
O dito, quedamos o 6 de outubro ás 21 h. na 103.4. Desfrutade do verán tanto ou máis como o faremos nós.
Saúde, paz e moito amor!

Como ben sabedes os habituais oíntes de Malo Será e internautas da páxina, o programa comezou a súa segunda andadura nas ondas hertzianas non da mellor maneira que poderiamos esperar.





