Ti fas o último ‘Malo Será’
Non queridisísimos oíntes, non nos referimos ó Programa Especial Oíntes, referímonos a un programa aínda máis especial.
Ós integrantes de Malo Será ocorréusenos a idea de facer un recopilatorio da 3ª tempada, o cal nos serviría para pechar este ano, e tería lugar o primeiro día de Xullo. Oficialmente acabamos o 25 de Xuño co programa Especial Oíntes, pero como se nos meteu entre cella e cella igualar alomenos os programas da 1ª tempada, non se nos ocorreu unha mellor maneira -na primeira tempada fixemos 34 programas, e de rematar o 25 de Xullo quedariámonos ás portas con 33…-.
E que mellor que o ultimísimo programa da 3ª tempada -aínda que o programa non sería de todo “oficial”- fose un recopilatorio dos momentos estelares deste ano, comentados por nós mesmos. Pero preguntarédesvos: ‘¿Por que poñedes iso de “ti fas o último Malo Será”?’, pois porque, aínda que nós xa teñamos en mente algún que outro momento especial que lembrar, queremos que sexades vós quen escollades esos anacos de Malo Será que máis vos gustaron deste último ano. Por exemplo: a noticia que vos pareceu máis graciosa do ‘Me Repite?!’, o ‘RayarXRayar máis coñón, os ‘AnunciosxPalabras’ máis divertidos que recordedes, as chamadas máis especiais que escoitáchedes no ‘Xente Cuac’… ou calquer outro momento doutra sección ou de calquer momento que vos gustaría que lembrasemos.
Xa sabedes, para poñervos en contacto con nós, podédelo facer mandándonos un e-mail a malosera at cuacfm.org (ou malosera at msn.com) ou deixándonos un comentario aquí mesmo, ¡Esperamos os vosos momentos favoritos!
¡Saúde oíntes!
Engade un comentario
Trackback | Subscribete a estes comentarios via RSS Feed