Volvemos, e connosco, ¡a quinta enquisa!
Despois da resaca de San Xoán e desta semana de mini-vacacións, voltamos este último día de mes de Xuño ás ondas hertzianas para compartir convosco… ¿o último programa da tempada? A solución, ¡hoxe de nove a dez en CuacFM!. Pero mentres, podedes votar a nova enquisa que xa está a disposición vosa: ¿Cómo soubeches da existencia de Malo Será?.
Xa sabedes, a solución ó dilema de se continuaremos en xullo ou non desvelarémola hoxe pola tarde, aínda que se queredes, podedes seguir votando esa enquisa baixando a barra ata atopala.
Esta noite, máis Malo Será!
30 / Xuño / 2008
Blogue
Engade un comentario
Trackback | Subscribete a estes comentarios via RSS Feed