Estamos de aniversario!
Despois da celebración do noso 50 programa e da resaca de San Xoan, hoxe día 25 celebramos outra data sinalada no almanaque persoal de Malo Será: fai hoxe un ano tivo lugar o directo con público no colexio Fogar de Sta Margarida, o noso estreo cara a cara con oíntes e amigos. Agradecemos aínda un ano despois ós familiares, vellos amigos da escola, amigos de traballo, amigos de toda a vida, compañeiros de CuacFM, asi como ó colexio e ó persoal do mesmo, que se volcaron no proxecto e nos arrouparon durante aquela hora e media que recordaremos de por vida. Debémoslles moito, e que teñan por seguro que se algún deles fai un directo de algo Malo Será serán os primeiros e ocupar asento.
Pero aquel programa pechaba a tempada primeira de Malo Será, e a pregunta que nos formulamos agora é: ¿Seguiremos en Xullo ou non?. Xa sabedes que de vós depende, asi que votade e comentade o que queirades na enquisa que subimos fai un par de semanas: ¿Queres que Malo Será continue emitindo en Xullo? .
Sentimos non poder asistir onte á nosa hora semanal de Malo Será, pero temos unha data marcada a lume -bo paralelismo- no almanaque e o 23 só estamos para San Xoan e o que depare a noite. Subiremos as fotos da festa ó fotolog (www.fotolog.com/malosera), que a verdade, non teñen perda ningunha. Pero xa que estamos de aniversario, e para paliar a falta do programa de onte, convidámosvos a que escoitedes o directo do ano pasado, que ten que andar por aqui (si, temos que organizar isto mellor, sabémolo ;)).
Só quedan seis días para Malo Será… oui!
Saúde, paz e moito amor!
Engade un comentario
Trackback | Subscribete a estes comentarios via RSS Feed