¿Non queres caldo?, pois tres cuncas

Con moitisísimo atraso e por problemas técnicos -basicamente formateos varios de ordenador sumados á preguiza extrema- subimos ó blogue os tres últimos programas de ‘Malditos Bastardos’.

¡OLLO!, cambiamos de hora, agora emitimos os mércores de 20 a 21 h. Seguiremos emitindo todo o mes de Xullo nesta mesma hora e en Agosto nos colleremos as vacacións obrigadas para retornar con máis forzas o mes de Setembro.

¡Disfrutade destos tres programas!

Descarga o Séptimo Bastardo
(Para descargar, click co botón dereito sobre Descarga o Séptimo Bastardo e Guardar enlace como…)

Descarga o Oitavo Bastardo
(Para descargar, click co botón dereito sobre Descarga o Oitavo Bastardo e Guardar enlace como…)

Descarga o Noveno Bastardo
(Para descargar, click co botón dereito sobre Descarga o Noveno Bastardo e Guardar enlace como…)

P.D.: para a nova tempada contaremos cun novo blogue, adicado única e exclusivamente a ‘Malditos Bastardos’.

 
 
 
... 13 / Xullo / 2010  Audios, Blogue, Descargas  Sen Comentarios (0)

Bastardo Sexto

Novo programa de ‘Malditos Bastardos’, onde falamos de cine, comentamos as novas máis bastardas e facemos bromas telefónicas con tronchantes resultados, ¡disfrutádeo!.

Descarga o Bastardo Sexto.

 
... 1 / Xuño / 2010  Audios, Blogue, Descargas  Sen Comentarios (0)

Bastardo Quinto

Grandioso programa onde fixemos un Especial ‘Lost’, batindo récords de audiencia e chamadas. Se es un ‘losti’, non te podes perder este programa. Se non o es, escóitao, que aínda estás a tempo.

Descarga o Quinto Bastardo.

 
... 25 / Maio / 2010  Blogue  Sen Comentarios (0)

Bastardo Cuarto

Descarga o Cuarto Bastardo.

Non ten perda, por iso vai sen descripción.

¡Apertas!.

 
... 18 / Maio / 2010  Audios, Blogue, Descargas  Sen Comentarios (0)

Terceiro Bastardo

Xa podedes decargarvos o programa de onte, onde tivemos como convidados especiais ós GRANDIOSOS, ENORMES, SUPERLATIVOS e todos os sinónimos que se vos ocorran… ANTÓN E TXURY, de Turkía, en LocaliaTV, ¡imposibel non escoitalo!.

E noraboa a Mati, gañadora do noso Concurso Bastardo ;) .

Descarga o Terceiro Bastardo.

 
... 4 / Maio / 2010  Audios, Blogue, Descargas  Sen Comentarios (0)

Xa estamos en Ivoox

Xa estamos en Ivoox, e podedes suscribirvos o noso RSS: Ivoox de Malditos Bastardos.

Tamén temos un novo correo, onde podedes mandarnos todas as vosas suxerencias, peticións ou críticas: bastardosfm @ gmail . com.

Esperámosvos o luns que vén ;) .

... 1 / Maio / 2010  Blogue, Información  Sen Comentarios (0)

Segundo Bastardo

Descarga o Segundo Bastardo.

Estamos en proceso de mudarnos, en breves, teredes novas.

Esperámosvos no próximo programa, que virá cargado de sorpresas e novidades.

 
... 29 / Abril / 2010  Audios, Blogue, Descargas  Sen Comentarios (0)

‘Malditos Bastardos’ on the air

Retomamos a nosa andaina radiofónica con distinto formato, distinto nome e distinto todo, pero coa mesma xente, o mesmo día, a mesma hora e na mesma emisora: a 103.4, a radio que non ten nada que ver pero si moito que ouvir.

Volvemos antes do esperado, cun programa cheo de novidades e con moitas ganas de dar a nota. Xa sabedes, tódolos luns, ás 23 h., tendes unha cita con ‘Malo S…’… digo, ‘Malditos Bastardos’.

Empregaremos temporalmente esta web e o correo de sempre para o que queirades, pero esperamos pronto instalarnos nunha web e nun correo co noso actual nome: ‘Malditos Bastardos’.

¡Disfrutade o programa deste luns!

Descarga o Primeiro Bastardo.

 
... 21 / Abril / 2010  Audios, Descargas  Sen Comentarios (0)

The Show Must Go On

Co título deste gran tema de Queen comezamos a entrada deste post, do penúltimo programa da historia de Malo Será.

Si. Chegou o momento de pechar unha etapa, e MS, polo paso dos anos, é merecedora de collerse un descanso. É momento de collerse unhas vacacións, reflexionar, buscar novas ideas e, quen sabe, volver algún día. En definitiva, acabouse esta tolería por tempo definido.

Pero non sería xusto irnos así, de súpeto e sen explicar que motivos nos levan a acabar co programa. Sentimos que o formato non da máis de si e notamos que a calidade dos programas vai en claro descenso, o que nos levou a esta determinación: mellor morrer dignamente a dar pena polas ondas.

Pero como xa dixemos máis arriba, o tempo das vacacións vai ser definido. As nosas previsións apuntan a que moi posibelmente volveremos en Outubro, despois duns meses de reflexión e logo do tempo prudencial para cambiar as cousas que cremos que sobran e engadir novas ideas para dinamizar o formato. Digamos que, levamos a Malo Será ó mecánico para darlle unha limpeza e cambiarlle a chapa, que xa a ten moi desgastada.

Pero de nós non vos desfacedes tan axiña. Porque, a partir do mes que ven, temos nas mans un novo proxecto, a mesma hora o mesmo día, e moito máis cañalla que Malo Será. Pero non podemos adiantar moito máis.

Polo de agora deixámosvos o penúltimo -nunca se pode dicir último- Malo Será, pero pronto teredes novas nosas.

Grazas por estar aí.

Descarga o Penúltimo Malo Será

... 23 / Marzo / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Información  Sen Comentarios (0)

Malo Sera 04×12

Entrevistamos a Rocío Vázquez, a organizadora do evento «PARA MUESTRA UN BOTÓN», e mandamos a paseo a Rosiña D.

A semana que ven, máis, moito máis.

Descarga MaloSera 04×12.

(O de sempre, para descargar, cliquea co botón dereito en Descargar Malo Sera 04×12 e logo en Guardar destino como…).

 
... 2 / Marzo / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

Malo Sera 04×11

Outro programa especial, onde destripamos ‘Lost’ tanto para o bo como para o malo, contamos coas anécdotas e curiosidades de Dario e tentamos predecir o futuro… cando o escoitedes xa saberedes por que…

Descarga MaloSera 04×11.

 

(O de sempre, para descargar, cliquea co botón dereito en Descargar Malo Sera 04×11 e logo en Guardar destino como…).

... 23 / Febreiro / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

No Will be bad, No FEAR

Este luns de Entroido non tivemos programa, pero non temades… o luns volveremos carrrgadísimos de cousas para todos vós. Para compensarvos a falta desta semana, o luns que ven falaremos da mitiquérrima serie ‘Lost’ -para ben e para mal-, contaremos co noso experto en curiosidades Darío, e tentaremos predecir o futuro -isto último adquirirá sentido cando nos escoitedes-…

Xa sabedes, o luns que ven esperámosvos á mesma hora no mesmo canash, CuacFM, 103.4.

... 17 / Febreiro / 2010  Blogue, Información  Sen Comentarios (0)

Malo Sera 04×10

Descargar MaloSera04x10.

 

(O de sempre, para descargar, cliquea co botón dereito en Descargar Malo Sera 04×10 e logo en Guardar destino como…).

... 9 / Febreiro / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

MaloSera 04×09

Grandioso programa o de onte grazas á colaboración dos nosos amigos e compañeiros de Desinformativo.

Descargar Malo Sera 04×09

(Para descargar, o de sempre, click co botón dereito sobre «Descargar Malo Sera 04×09″ e Guardar enlace como…).

E, preparádevos, porque Malo Será está cambiando…

 
... 2 / Febreiro / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

Interinos II

Ante a imposibilidade de poder facer Malo Será, traémosvos outra nova emisión de Interinos, o programa musical de MS. Escoitaredes moito e moi bo Rock durante unha hora, ¡disfrutádeo!.

A semana que ven volveremos de novo con Malo Será, que non todo vai ser pinchar música… ¡esperámosvos o luns que ven con ansias!.

Descarga Interinos II.

P.D.: Tarda uns 15 segundiños en comezar, pero nada grave.

 
... 26 / Xaneiro / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Extras, Programas  Sen Comentarios (0)

Malo Será PROGRAMA 100

Magnífico PROGRAMA 100 (con maiúsculas, que por algo cumprimos programas), onde participaron todos aqueles que algunha vez colaboraron en Malo Será. Queremos mandarlles unha aperta moi grande a Iván, Moe, Caño e Diego -e a Fer por felicitarnos en antena-, por acompañarnos nalgunha parte da historia de Malo Será e que hoxe festexaron con nós o hito do PROGRAMA 100. O dito, un pracer con maiúsculas.

Pero isto non remata aquí. O luns que ven, moito máis, ¿chegaremos ós 200?.

Descarga o PROGRAMA100.

P.D.: o arquivo ocupa o seu, pero merece a pena.

 
... 19 / Xaneiro / 2010  Audios, Blogue, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

Preparando o Programa 100

Seguimos preparando o Programa 100, e xa vos podemos adiantar que haberá sorpresas e pasarán vellos coñecidos do programa polos micrófonos de CuacFM…

... 16 / Xaneiro / 2010  Blogue, Información  Sen Comentarios (0)

MaloSera 04×07

Comprobaredes que non comezamos co mítico grito nin coa presentación ‘stándar MS’. É o que ten ter problemas técnicos por enésima vez -desta vez foron os micros. Ou nós, mellor dito-. De tódolos xeitos, e despois de tódolos problemas, non saiu mal de todo ;) . ¡Disfrutádeo!.

Descargar Malo Sera 04×07

(Para descargar, o de sempre, click co botón dereito en Descargar Malo Sera 04×07 e Guardar destino como…)

P.D.: O luns que ven será o programa 100. Permanecede atentos á web. Haberá sorpresas.

 
... 12 / Xaneiro / 2010  Audios, Descargas, Programas  Sen Comentarios (0)

Reflexións varias

Antes de nada, comunicarvos que ó final non fichamos por Radio María: parece ser que o clero é moi cachondo e nos gastaron unha inocentada o día 28. Vaia… teñen moito sentido do humor para unhas cousas e moi pouco para outras.

Dende fai unha boa tempada, levamos falando moito do noso «Dereito a Comunicar» e da importancia do mesmo. Aínda que non é tan famoso como aquel que di que todos somos iguais ou que todos temos dereito á vida, non significa que sexa menos importante e que chegado o momento non teñamos que loitar por el. E cremos que chegou ese momento.
A nova Lei Xeral Audiovisual (LXA) -pendente de aprobación no Congreso pero que conta cos apoios de CiU e PSOE-, supón un serio e grave perigo para as radios comunitarias sen ánimo de lucro, entre as que nos atopamos nós, CuacFM. E supón un grave perigo por diversos motivos: a LXA considera ós medios comunitarios como unha «posiblidade», cando as Leis amparan e protexen o noso «dereito a comunicar»; o espazo radioeléctrico considérano un mercado, é dicir, que todo o que teña que ver con «sen ánimo de lucro», non ten cabida; impón unha limitación de 100.000 € ás radios comunitarias anuais e prohíbe todo tipo de publicidade, ¿que radio comunitaria que non pode emitir publicidade pode chegar a recaudar 100.000 €?… E nestas andamos.

Creo que non fai falla que vos digamos que o noso «Dereito a Comunicar» está recollido na Constitución e na Declaración Universal dos D.D. H.H., porque por todos é sabido. Pois parece que os políticos non o teñen moi claro. Dende a transición, as radios comunitarias foron a voz de moitos e a radio de moitos. As radios comunitarias son un ben social, e como ben social, os mandamaises teñen a OBRIGA de protexernos por facer real un dereito, o de comunicar libremente. Porque temos cabida todos: os de dereitas, os de esquerdas, os de diante e os de detrás, os dun lado e os do outro. Todos temos algo que contar e todos debemos ter o dereito a contalo. E para iso están as radios comunitarias, esas radios que queren cargarse con esta LXA.
Un dereito que dende Europa amparan, aprobando unha declaración sobre o rol dos medios comunitarios para promover a cohesión social e o diálogo intercultural. Será que aqui os nosos políticos non dan para máis. E o que é peor, que estes políticos son o reflexo da sociedade… ¿tan mal estamos como para cargarnos un dereito tan importante?.

Se cres que este dereito non te importa, estás moi equivocado. Impórtache máis do que pensas. Quizáis agora non teñas nada que contar, pero se cadra por iso tes moito que oír. Oír outras voces, outras opinións e outras reflexións que non estén atadas a un ideario nin a unha editorial. Liberdade señores, falamos da liberdade que temos de comunicar e de escoitar.
E vendo como están as cousas, estamos por entrar en casas axenas, asasinar e roubar. Digo eu que, se o «Dereito a comunicar», reflictido na Constitución e na Declaración Universal dos D.D.H.H., coa nova LXA carecerá de valor, ¿quen vai ser capaz de condenarme se eu non respeto outro dereito reflictido nesas mesmas Leis?. Papel mollado, única e exclusivamente.

Dende aquí pouco máis podemos dicir. Se queredes máis información, convidámosvos a que visitedes a web dos medios comunitarios. Porque ti tamén tes moito que dicir.

¡Saúde!

P.D.: podedes comprobar que o «Dereito a comunicar», en todo este post, vai entre «». Non fai falta que vos digamos o por que.

P.D.2: Volvemos ás ondas o 11, ás 11, no noso programa onc… sete. En CuacFM, esa radio comunitaria que nos deixa expresarnos libremente.

... 5 / Xaneiro / 2010  Blogue, Información  Sen Comentarios (0)

Malo Será cambia de emisora

Despois de moitos días de negociacións, acabamos de firmar o contrato con RADIO MARÍA para o que resta de tempada, con opción a renovar a seguinte.

Segundo palabras textuais do xefe da emisora, cumprimos o perfil para «Evangelizar con humor». Aínda non podemos adiantar moito, pero o que xa vos podemos dicir é que no 2010, poderedes escoitar MALO SERÁ tódolos domingos de 12 a 13 h en RADIO MARÍA (na 91.3 FM da Coruña).

Queremos agradecerlle a CuacFM o ben que nos trataron durante todos estos anos e a oportunidade que nos deron.

Un saúdo. E que Deus vos bendiga a todos.

... 28 / Decembro / 2009  Blogue, Información  Sen Comentarios (0)
seguintes posts »
Olark Livehelp